TALLER EXPRESS... con EMPAQUETANDOANDO!
- SÁBADO 16 Nov.
- 17:00 – 20:00 h
- Adultos (+16)
- 30€
Este sábado volta Empaquetando Ando!! Pregos e dobreces no papel que semellan sinxelos e fan maxia á vez. Empaquetado e origami misturados para aprender que materiais son os máis indicados e cales as técnicas que farán exclamar de novo «este regalo da mágoa abrilo!»
Sobre Empaquetando Ando!
Lara Blanco é quen está detrás de EmpaquetandoAndo. Un proxecto en andaina dende o 2014 que mezcla as súas grandes paixóns, a papelería e o empaquetado de regalos.
Unha das formas que atopou de compartilo é adicarse ao mundo da formación, impartindo talleres tanto enfocados a profesionales como ao público xeral; onde podes disfrutar de maneira práctica e forma sinxela, aprendendo técnicas de plegado de papel, empaquetado ou origami.
www.empaquetandoando.com