LABORATORIO DE NARRATIVAS
- XOVES
- 19:00 – 20:30 h
- Adultos (+16)
- Prazas limitadas
- 42€/mes*
Un espazo onde construír historias, independentemente da linguaxe. Texto, ilustración, son ou vídeo atopan puntos en común máis aló das características do formato.
LABORATORIO DE NARRATIVAS é, como indica o nome, un laboratorio, un lugar onde experimentar e xogar aos diferentes ritmos de cada persoa. Por unha banda, establecemos a posibilidade de traballar sobre un proxecto de longo percorrido conformándoo durante o curso e, por outra, a posibilidade de achegarnos mediante as dinámicas propostas nas diferentes sesións.
Algúns contidos que abordaremos…
• Coñecer o estado actual da narrativa nas súas diferentes posibilidades. Valorar a súa importancia na era da imaxe.
• Traballar a través do xogo e da sorpesa.
• Aprender a mirar, o concepto do asombro.
• Aprender a narrar, estruturas, ritmos e tempos.
• Entendernos como constructurxs de historias a través da experiencia persoal. Valorar a importancia do íntimo e o cotiá.
• Experimentar técnicas e procesos como parte da investigación persoal.
• Adquirir dinámicas e ferramentas que axuden a desenvolvernos de forma autónoma nas diferentes fases do proceso creativo.