"Traballamos conectando cultura e comunidade, pensando o feito artístico como un lugar de encontro e de comunicación entre persoas"
Por esta razón deseñamos propostas innovadoras que permiten explorar a arte dende unha perspectiva multidisciplinar, práctica e horizontal. Partindo da consideración e a conceptualización da arte
como ferramenta transversal para o cambio social, abordamos a educación, a creación e a investigación
de modo integral, como un todo que se complementa e que formalizamos a través de
diferentes proxectos artístico-educativos.
OS NOSOS TALLERES
Na nosa sede realizamos obradoiros para público infantil, adolescente e adulto.
Mais PLANO PEMENTA non é unicamente un espazo, é un proxecto e unha forma de pensar;
por iso tamén colaboramos con institucións, centros educativos e centros culturais, trazamos propostas
e desprazámonos para levalas a cabo no propio entorno. Adaptándonos ás necesidades contextuais, deseñamos, xestionamos e executamos os procesos necesarios para o desenvolvemento
de cada proxecto ou intervención.
ONDE ESTAMOS?
PLANO PEMENTA
ESPAZO CREATIVO
A sede de PLANO PEMENTA non é unicamente o espazo onde teñen lugar os nosos obradoiros,
senón que é un taller onde levar a cabo diferentes procesos creativos…. SABER MÁIS >>
