
PLANO PEMENTA S. Coop. Galega é unha cooperativa sen ánimo de lucro dedicada á educación, investigación, xestión e creación artística e cultural; conformada no ano 2018 logo dunha experiencia previa como colectivo dende o ano 2016.
Traballamos conectando cultura e comunidade, pensando o feito artístico como un lugar de encontro e de comunicación entre persoas. Por esta razón deseñamos propostas innovadoras que permiten explorar a arte dende unha perspectiva multidisciplinar, práctica e horizontal. Partindo da consideración e a conceptualización da arte como ferramenta transversal para o cambio social, abordamos a educación, a creación e a investigación de modo integral, como un todo que se complementa e que formalizamos a través de diferentes proxectos artístico-educativos.
A nosa equipa está formada por profesionais cunha ampla formación e experiencia no eido das artes e da mediación artística.
A nosa metodoloxía entende a arte e a creación como unha fonte de coñecemento e de experiencias significativas. Desta forma, non falamos de xerar produtos, senón de establecer unha linguaxe propia coa que nos relacionar coa nosa contorna.
Todas as actividades que levamos a cabo centran a súa importancia no proceso, e é precisamente durante o desenvolvemento das accións onde se producen as verdadeiras aprendizaxes, onde se visibilizan as ideas e onde se comparten e transmiten valores.

Yosune Duo >>
Educación & Audiovisual

Candela Rajal >>
Educación & Investigación

Ángeles Díaz >>
Educación & Xestión
Entendemos a equipa coma a suma e combinación das súas partes, por iso podes atopar aquí tamén algúns dos proxectos cos que colaboramos a nivel individual: