*Material incluído no prezo do obradoiro. 

TALLER EXPRESS... con TOCAMADERA!

  • SÁBADO 9 FEB.
  • 17:00 – 20:00 h
  • Adultos (+16)
  • 30€

Neste obradoiro aprenderemos a encadernar de forma única e personalizada os nosos debuxos, relatos, fotografías… aplicando as técnicas tradicionais de encadernación xaponesa para coser follas e cubertas soltas. Poremos en práctica dous tipos de cosido vista, o Kangxi e o Asa no ha Toji, onde o fío ten unha función estética, ademais de necesaria para “construír” o soporte dos nosos cadernos. De forma sinxela, con ferramentas e materiais comúns, crearemos pequenos libros orixinais para gardar e protexer os nosos documentos. Propiciaremos, tamén, o espazo e darémonos o tempo que nos permita desenvolver as nosas capacidades creativas e habilidades manuais, intercambiar experiencias e coñecementos e xerar sinerxias.

Sobre Tocamadera!

Tocamadera é un proxecto de reutilización de materiais, atopados e tratados, para a creación de novas pezas artesanais como cadernos e albumes de madeira, papel e corcho… entre outros elementos. A proposta nace co obxectivo de darlle unha segunda vida a moitos dos residuos que recollemos. A través dos talleres, compartimos as técnicas da encadernación e creación artesanal que imos aprendendo, fomentando á vez o uso de métodos sinxelos e materiais próximos e o pracer de adicarlle a cada proceso o seu tempo.