*Materiais incluídos no prezo do obradoiro.
** Separaremos grupo segundo o número de inscricións, valorando a posibilidade doutro horario. Xa sabedes que as prazas son limitadas!!

VIÑETAS DE CINE

  • MÉRCORES || 19:00 – 20:30 h**
  • Adultxs (+16 anos) // Peques (+ 10 anos)
  • Prazas limitadas.
  • 42€/mes*

Seguro que o cómic e o cine teñen máis en común do que pensas! A través dese nexo común que é a secuencialidade da imaxe, neste obradoiro abordamos de forma experimental e dinámica esas características que os definen para así construír as nosas propias historias.

Obradoiro teórico-práctico de cómic, cine e o seu nexo en común: a secuencialidade de imaxes. Dúas disciplinas que serven para comunicar, que viven e se asocian. Ambas seguen un proceso similar de planificación e elaboración, cada unha no seu medio. Aprenderemos a analizar, adaptar e traballar con imaxes para construir historias.

Algúns contidos que abordaremos…

• Cómic vs cine, unha forma de contar. A secuencialidade.
• A linguaxe do cómic/ a linguaxe do cine.
• Investigaremos a análise e aplicacións do cómic vs. análise e aplicacións cinematográficas.
        • Guión
        • Técnica
• Coñeceremos os espazos en común entre as dúas disciplinas. Traballaremos de forma teórica e práctica a secuencialidade e lectura das imaxes, para coñecer os diferentes recursos narrativos.
• Aprenderemos a deseñar xs nosxs protagonistas através do estudo e contextualización das personaxes.
•  Espazos comúns: storyboard | animación.
•  O tempo, a montaxe, o ritmo.