En PLANO PEMENTA encargámonos do deseño, xestión e execución de actividades ou proxectos para  todo tipo de grupos e comunidades, achegándonos ao lugar no que se require dunha acción ou accións concretas. Facémonos cargo do proceso dende o seu inicio ata a súa realización, garantindo unha  análise e avaliación continúa en todos os pasos que se requiren para o seu pleno desenvolvemento.

Así, os nosos Site Specific son proxectos culturais, artísticos e/ou educativos que a nosa equipa leva a cabo in situ, é dicir, nun lugar e cun grupo de persoas concretas. Entendemos que existe unha necesidade de achegarse ata os contextos determinados onde se levan a cabo os proxectos, para estudar e analizar a comunidade coa que se vai a traballar. Desta forma, o deseño está dirixido dende un principio a un público ou un destinatario específico e os procesos están individualizados cara as problemáticas ou necesidades do grupo.

Gústanos implicarnos en cada intervención e entender cada proxecto como unha oportunidade para xerar redes de colaboración e participación entre iguais, entendendo o arte e a cultura como unha forma de expresión e comunicación.

Proxectos personalizados

Os nosos Site Specific

Dende un compromiso social coa igualdade e coa solidaridade, os nosos proxectos son feitos dende o intercambio e a colaboración. Entendemos cada proxecto como unha posibilidade para construír novas relacións, xerando vínculos sólidos cos que fortalecer o noso tecido cultural.

MAPAS (IN)VISIBLES >>

REDE MUSEÍSTICA PROVINCIAL DE LUGO

OBXECTIVO BIBLIOTK>>

BIBLIOTECA MUNICIPAL CASTRILLÓN