‘NA VARANDA’

‘NA VARANDA’ | PROXECTO DE ARTE COA XENTE DOS BARRIOS E COLECTIVOS CIDADÁNS

‘NA VARANDA’ é un programa educativo e de creación cuxo obxectivo é o encontro, o diálogo e o achegamento entre o museo e a veciñanza de Santiago de Compostela, coordinado por PLANO PEMENTA S. Coop. Galega e 7H Cooperativoa Cultural co soporte do Centro Galego de Arte Contemporánea. 

É unha proposta na que o público realizará a súa propia exposición de arte contemporánea empregando as obras dos fondos da Colección CGAC. As persoas participantes poderán coñecer de primeira man todo o proceso, fases e aspectos que agocha unha mostra artística.Procuramos que a cidadanía se converta nun axente máis dos procesos culturais da súa contorna creando contidos que formen parte da programación do CGAC.

O proxecto está estruturado nunha serie de talleres nos que ensinaremos as claves da arte contemporánea e o traballo dos seus protagonistas. O CGAC actuará como unha plataforma onde lles dar sentido ás narrativas persoais ou de cada colectivo creando un espazo común entre a comunidade e o patrimonio. Trataremos de visibilizar novos discursos que permitan establecer conexións entre a institución, o público e o contexto.

PROGRAMA

PARTE 1

  • 23 de novembro. Introdución ao proxecto 
  • 21 de decembro. Aproximación ao CGAC e á súa colección  
  • 25 de xaneiro. Experimentación no taller 
  • 22 de febreiro. Claves para a elaboración dunha exposición

PARTE 2

  • marzo–xuño. Acordaranse as datas cos colectivos participantes para o desenvolvemento da exposición.

 

DESTINATARIOS

Asociacións socioculturais, veciñais e todo tipo de colectivos cidadáns ou persoas interesadas no proxecto.

PRAZAS: 20

INSCRICIÓN

O período de inscrición está aberto ata o 30 de novembro. As persoas ou colectivos interesados poden enviar unha mensaxe electrónica a cgac.educacion@xunta.gal. Deben indicar o seu nome completo ou nome do colectivo, DNI, área de traballo ou interese, un enderezo de correo electrónico e un número de teléfono de contacto.

MATRÍCULA: De balde

 

DIRECCIÓN: Candela Rajal e Rebeca Mariño 
COORDINACIÓN: Virginia Villar

 

+INFORMACIÓN: http://cgac.xunta.gal/GL/actividad-detalle/195/na_varanda_gl