MAPAS (IN)VISIBLES

MAPAS (IN)VISIBLES | CULTURAS EN DIÁLOGO

MAPAS (IN)VISIBLES é un proxecto da Rede Museística Provincial de Lugo e Plano Pementa S. Coop. Galega que parte da versatilidade do comisariado como ferramenta educativa e da necesidade de empoderar ao público como produtor cultural dentro da institución pública.

Formalizado a través dun programa de obradoiros realizados nos diferentes Museos pertencentes á Rede, durante o verán de este ano 2018; rapazada de 4 a 15 anos traballou de forma conxunta, decodificando e reformulando as coleccións, na procura dun discurso e soporte que os dotara de voz dentro do espazo museístico. Este proceso permitiulles construír unha rede de novas narrativas entorno ao patrimonio, xerando así vínculos co mesmo e, a través da visibilización destes outros discursos, establecer novos puntos de encontro entre o público, o patrimonio e o seu contexto.