*No caso de alerta meteorolóxica e necesidade de suspender o obradoiro,  haberá unha devolución íntegra da reserva de praza. 

TALLER EXPRESS... OLLANDO A NOITE!

  • SÁBADO 15 Dec.
  • 19:00 – 21:00 h
  • Todos os públicos e familias!
  • 20€ ind. // 35€ familia

Ollando a noite é un obradoiro fotográfico no que exploraremos a cidade a través da cámara, xogando coas posibilidades que ofrece a visión nocturna do aparello e o descubrimento de recunchos urbanos que polo día non apreciamos.

Trátase dunha pequena excursión á que se pode vir de forma individual, en compaña ou en familia, e na que abordaremos de forma divertida as diferentes alternativas fotográficas que a noite ofrece, como poden ser os xogos de luces e sombras, o movemento ou o encuadre.

Podes traer a túa cámara e o teu trípode se posúes, para experimentar con máis precisión. Pero se non tes, podémonos xuntar e facer exercicios grupais nos que intercambiar impresións.