*Prazas limitadas.
Material e desprazamentos incluídos no prezo do obradoiro. Recomendamos traer roupa cómoda e que non pase nada se nos manchamos. Recomendamos tamén, achegar unha merendiña para tomar a media mañá que traiga preferiblemente algo de froita, e unha botelliña de auga. 

 **10% de desconto na segunda matrícula no caso de irmáns/ás.

BRIGANTIA Á VISTA!!

  • Do 8 ao 19  XULLO
  • LUNS a VENRES
  • 10:30 – 13:30 h
  • De 5 a 12 anos.
  • 150€*

Queres embarcarte nunha gran aventura? Dúas semanas nas que descubrir a túa cidade empregando creatividade a moreas! 

Traballando no papel de reporteirxs pouco convencionáis, o noso propósito é descubrir dunha forma divertida a historia da nosa contorna, incidindo nas expresións artísticas e paraxes coas que convivimos; como poden ser as singularidades modernistas, o casco histórico ou mesmo, tamén as personalidades que foron decisivas para a cidade.

Xogar e experimentar a través da forma de comunicar as vivenzas nos lugares comúns, dará como resultado una serie de reportaxes e noticias subxectivas ou surrealistas pero cun mesmo fío condutor: a interpretación do patrimonio histórico que nos rodea.

Saídas:

• Torre de Hércules.
• Castro de Elviña.
• Praza de María Pita e o Palacio Municipal.
• Parque de Santa Margarita.

*Dependemos da climatoloxía e das necesidades do grupo. Poden sufrir variacións, pero serán comunicadas con anterioridade. O desprazamento, no caso de ser necesario, realizarase en transporte público.

Qué aprenderemos?

• Divertirémonos investigando.
• Coñeceremos lugares comúns de importancia artística que nos rodean.
• Achegarémonos dunha forma lúdica á historia e patrimonio da nosa cidade.
• Experimentaremos con procesos artísticos, ferramentas comunicativas e a gravación audiovisual, de forma creativa.
• Reflexionaremos sobre os procesos de comunicación: Como contamos as cousas? Que queremos contar? É o mismo un conto que unha noticia?
• Achegarémonos, de forma lúdica, aos procesos de creación e investigación. Seguramente neste caso, o proceso vaia ser pouco convencional 🙂
• Compartiremos experiencias e traballaremos de forma individual e colectiva, respectando os tempos e procesos dxs demáis.
• Poñerémonos no lugar dx outrx, neste caso tratado como espectador, pero abordándoo de forma xeral, traballando así as relacións.