
*Material incluído no prezo do obradoiro. Recomendamos traer roupa coa que estar cómodxs e que non pase nada se nos manchamos.**Recomendamos achegar un almorzo ou petisco para facer unha paradiña e repoñer forzas.
OBRADOIRO DE NADAL PARA XENTES FANTÁSTICAS
- 26, 27 E 28 DECEMBRO
- 10:30 – 13:30 h
- De 4 a 12 anos.
- 56€*
Estamos argallando para estas vacacións un OBRADOIRO DE NADAL PARA XENTES FANTÁSTICAS!! Tres días nos que descubrir a maxia do mundo audiovisual, traballando os inicios do cine, o revelado de fotografía e unha morea de experimentos máis.
Tres mañás nas que aprender, argallar e descubrir a través dos pequenos trucos do mundo do teatro e do cine aplicados co ollar da arte contemporánea; pero sobretodo tres mañás nas que xogar e divertirse. Bendvidxs a este pequeno gran experimento.