AVISO LEGAL

USOS DA WEB

DATOS PERSOAIS

COOKIES

Plano Pementa Sociedade Cooperativa Galega cumpre coas seguintes leis e regulamentos para a protección dos datos persoais das persoas usuarias da súa web, www.planopementa.es, e o seu tratamento así como do uso de cookies por parte de dito sitio:

  •  Lei Orgánica 3/2018 de Protección de Datos Persoais e Garanta dos Dereitos Dixitais,
  •  Art. 10 da Lei 34/2002 de 11 de xullo de Servizos da Sociedade da Información e Comercio Electrónico,
  • Real Decreto Lei 13/2012 do 30 de marzo polo que se modifica a Lei de Servizos de Sociedade da Información.

 

En base a isto, informamos a ditas persoas dos seguintes dereitos, responsabilidades e normas de uso da web:

  • Non é preciso rexistrarse para visitar www.planopementa.es, mais si para subscribirse ao boletín e/ou para inscribirse nos obradoiros que teñen lugar no noso taller, debendo cubrir o respectivo formulario, sendo imprescindible unha serie de campos obrigatorios.
  • Corresponde ás persoas usuarias desta web a responsabilidade de que os datos proporcionados a Plano Pementa Sociedade Cooperativa Galega sexan veraces e correctos, eximíndose esta da responsabilidade derivada a este respecto.

 

Os datos solicitados por Plano Pementa Sociedade Cooperativa Galega serán para a reserva de praza dos obradoiros realizados no noso taller, así como as comunicacións ao respecto; o envío de boletíns informativos sobre as nosas novidades e as da nosa axenda de actividades; e/ou a resposta a posibles consultas a través dos formularios da web.

Os datos solicitados serán:

  • Nome e correo electrónico para a subscrición do boletín.
  • Nome e e-mail para consultas ou propostas.
  • Nome e apelidos, correo electrónico e teléfono de contacto para a inscrición nun obradoiro para persoas adultas.
  • Nome e apelidos, correo electrónico da/do nena/o no caso de ser menor de idade, así como nome e apelidos e o teléfono de contacto da/do nai/pai/titora/titor da/do nena/neno.
  • Puntualmente o DNI da persoa solicitante de praza así como o do/da pai/nai/titor/titora no caso de ser menores de idade.
  • Tamén podería solicitarse unha autorización de uso da imaxe para a difusión das actividades.Puntualmente, recomendarase/solicitarase información referente a posibles alerxias ou outras cuestións persoais que puidesen ser de necesario coñecemento pola nosa parte. (Esta información, non sendo obrigatoria, tamén poderá ser incluída, sempre que se considerar imprescindible, nos correspondentes apartados de “observación”).

 

Plano Pementa Sociedade Cooperativa Galega non cede os datos das persoas usuarias a terceiros, excepto por obriga legal e para poder realizar os servizos que nos soliciten ditas persoas.

O envío de boletíns será a través da plataforma Mailchimp.

Quen use a web comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e servizos e a non os empregar para actividades ilícitas ou ilegais.

Plano Pementa Sociedade Cooperativa Galega non se fai responsable do contido daquelas webs ás que se remita desde o seu propio sitio mediante ligazóns. Estas ligazóns non supoñen necesariamente unha asociación ou participación coas entidades enlazadas.

Plano Pementa Sociedade Cooperativa Galega resérvase o dereito de modificación en calquera momento das condicións expostas sendo novamente publicadas para libre consulta.

O contido de www.planopementa.es encóntrase baixo a licenza Creative Commons Attribution-NonCommercial-ShareAlike 4.0 International License, especificada nesta ligazón, salvo contido puntual cuxa licencia de propiedade intelectual será especificada explicitamente. Ademais, exclúense da nosa licencia a propiedade intelectual dos logotipos e imaxes corporativas de entidades alleas a Plano Pementa Sociedade Coorporativa Galega, que ficarán vinculados aos seus propios dereitos de uso.

Plano Pementa Sociedade Coorporativa Galega non se responsabiliza de posibles danos de calquera natureza que puidesen ocasionar erros ou omisións nos contidos, faltas de dispoñibilidade do portal, ou a transmisión de virus ou programas maliciosos ou lesivos nos contidos, a pesar de adoptarmos todas as medidas preventivas.

Plano Pementa Sociedade Cooperativa Galega informa que o sitio www.planopementa.es utiliza cookies para ofrecer o mellor servizo posible.

Con todo, as persoas usuarias desta web poden configurar o seu navegador para desactivar ou eliminar as cookies, mais, neste caso, é posible que a web non funcione adecuadamente. Para máis información sobre a configuración dos navegadores no caso de querer desactivar ou eliminar as cookies, consulte a ligazón correspondente de entre as que seguen:

Google Chrome
Mozilla Firefox
Internet Explorer (Versión 11)
Internet Explorer (Versión 10)
Internet Explorer (Versión 9)
Internet Explorer (Versión 7 & 8)
Internet Explorer (Versión 6)
Opera
Safari web
Safari IOS

A web www.planopementa.es pode utilizar cookies a terceiros con fins estatísticos ou de uso e para a prestación doutros servicios relacionados. Concretamente, esta web emprega Google Analytics, servicio analítico de web prestado por Google Inc, con domicilio nos Estados Unidos con sede central no 1600 Amphitheatre Parkway, Montain View, California 94043. As cookies empregadas por Google Analytics recompilan a información da IP das persoas usuarias. Esta información é tratada segundo os termos propios de Google recollidos na súa web, incluíndo a posible transmisión de dita información a terceiros por razóns de esixencia legal ou cando estes terceiros procesen a información por conta de Google.

As cookies utilizadas por Plano Pementa Sociedade Cooperativa Galega poderán ser de tipo técnico (aquelas que permiten a navegación ou, por exemplo, a inscrición nun obradoiro), de personalización (aquelas que permiten ás persoas usuarias realizar unha escolla tipo o idioma etc) ou de análise (aquelas que permiten cuantificar quen usa a web co obxectivo de mellorar o servizo).

Infórmase que a web www.planopementa.es é responsabilidade de Plano Pementa Sociedade Cooperativa Galega con CIF F70555370 e domicilio fiscal rúa/ Castiñeiras de Abaixo, nº 1, baixo, 15006 A Coruña, e, por tanto, tamén será responsabilidade desta a recolla e uso dos datos procesados por dita web.

As persoas usuarias de www.planopementa.es aceptan, desde o seu acceso, as condicións xerais aquí descritas, asumindo a responsabilidade do uso desta web e da veracidade dos datos proporcionados, así como declaran ter sido debidamente informadas das condicións de uso da web, do tratamento dos seus datos cos seus dereitos inherentes, e da política de cookies coa súa posibilidade de rexeitamento mediante a configuración particular do navegador anteriormente descrita, sabendo que isto podería supor un funcionamento restrinxido da web.

Calquera persoa usuaria pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición legalmente establecidos mediante comunicación dirixida a www.planopementa.es a través do correo electrónico info@planopementa.es, ou no seguinte enderezo: Plano Pementa Sociedade Cooperativa Galega CIF F70555370, rúa/ Castiñeiras de Abaixo, nº 1, baixo, 15006 A Coruña. Do mesmo modo, se existise calquera dúbida, consúltenos sobre estas condicións polos mesmos medios.