PLANO PEMENTA 

ESPAZO CREATIVO

Plano Pementa Espazo Creativo é un lugar de cooperación, son as nosas portas, sitas na zona de Catro Camiños da Coruña, abertas a posibles propostas didácticas ou culturais que creen dinámicas de interacción social mediante a arte, sumando para o enriquecemento da nosa comunidade. Queremos saber de que maneira podemos unir lazos coa cidadanía e ofrecer o noso espazo para levalo a cabo. Alén disto, tamén proporcionamos servizo de titorización de proxectos individuais, dispoñendo deste espazo como taller para o seu desenvolvemento

Tes unha idea ou proxecto e precisas de espazo e asesoramento para levala a cabo? A sede de PLANO PEMENTA non é únicamente o espazo onde teñen lugar os nosos obradoiros, senón que é un taller onde levar desenvolver diferentes procesos creativos.