*Material incluído no prezo do obradoiro. 

TALLER EXPRESS... con EMPAQUETANDOANDO!

  • SÁBADO 10 Nov.
  • 17:00 – 20:00 h
  • Adultos (+16)
  • 30€

Neste novo obradoiro de envoltorios centrarémonos nos regalos que son máis difíciles de empaquetar: botellas, caixas cilíndricas, obxectos de grandes dimensións e formas complicadas.

Aprenderás que materiais son os máis indicados e as técnicas que farán que novamente exclamen “este regalo é unha mágoa abrilo”.

Sobre EmpaquetandoAndo!

Lara Blanco é quen está detrás de EmpaquetandoAndo. Un proxecto en andaina dende o 2014 que mezcla as súas grandes paixóns, a papelería e o empaquetado de regalos.

Unha das formas que atopou de compartilo é adicarse ao mundo da formación, impartindo talleres tanto enfocados a profesionales como ao público xeral; onde podes disfrutar de maneira práctica e forma sinxela, aprendendo técnicas de plegado de papel, empaquetado ou origami.  www.empaquetandoando.com