*Recomendamos achegar cámara fotográfica ou teléfono móbil. Haberá material de recurso, mais é interesante adaptarnos á nosa propia ferramenta. 

ATRAPAR A IMAXE

  • MARTES
  • 18:30 – 20:00 h
  • Adultos (+16)
  • 42€/mes*

Un obradoiro para todxs aqueles que busquen explorar a fotografía como medio creativo.
As distintas propostas de traballo que propomos neste obradoiro están pensadas para que xs participantes inicien un proceso de experimentación onde atopar ferramentas e mecanismos para desenvolver a construción dunha mirada propia, a través do uso da imaxe fotográfica. Ao mesmo tempo faremos unha aproximación a distintos puntos clave da historia da fotografía e da creación contemporánea para así ter tamén referencias teóricas que nos podan axudar á hora de elaborar un discurso propio.

Algúns contidos que abordaremos…

• A deriva e a cidade. O paseo como acto creativo.
• A mirada como construcción, fragmentos e paisaxes.
• A fotografía como memoria.
• Relacións entre realidade e ficción. A fotografía como documento.
• Identidades construidas mediante a imaxe.
•  Poesía visual.
•  A imaxe estática. A imaxe en movemento.
•  Relacións da fotografía con outros medios (pintura, cine, videoarte…)