*Material incluído no prezo do obradoiro. Recomendamos traer roupa coa que estar cómodxs e que non pase nada se nos manchamos. **15% de desconto na segunda matrícula no caso de irmáns/ás.

ART(E)MOCIÓN

  • MÉRCORES 
  • 17:00 – 18:30 h
  • De 6 a 12 anos.
  • 38€/mes*

Receita pementiña onde misturar un chisco de historia da arte, unha pizca de cine, algo de pintura, unhas pingas de foto, unha culleiriña de escultura, un puntiño de expresión corporal e  un moito, moito, de pasalo ben.

En ARTEMOCIÓN facemos un percorrido polas diferentes disciplinas artísticas, pasando polo debuxo e a pintura, o cine, a expresión corporal, a escultura ou a narrativa… partindo sempre das nosas experiencias persoais para xerar un mundo imaxinado no que ir investigando cada un de nós ao seu ritmo.

Qué aprenderemos?

• Achegarémonos ao mundo da arte contemporánea dunha forma lúdica e divertida.
• Coñeceremos e interesaréomonos pola vida cultural do noso contexto.
• A empregar diversos medios artísticos e técnicas e a traballar as súas conexións; exemp. combinaremos debuxo e movemento, escultura e pintura, performance…
• A recoñecer as posibilidades artístico-plásticas de materiais cotiás.
• Empregaremos a lectura e os libros como medio de vinculación, desta forma entenderemos o libro tamén como un obxecto e pasará a formar parte do noso traballo experimental. 
• A valorar tanto o traballo colectivo como individual. respectando o espazo dos demáis.
• A colaborar e compartir as nosas experiencias e aprendizaxes.
• Concienciar sobre a importancia do coidado do medio ambiente nun camiño cara accións máis responsables.
• A investigar e reflexións osbre as nosas emocións e experiencias, empregando os recursos da creación artística.