"Traballamos conectando cultura e comunidade, pensando o feito artístico como un lugar de encontro e de comunicación entre persoas"

Por esta razón creamos propostas innovadoras que permiten aos participantes explorar a arte dende unha perspectiva multidisciplinar, práctica e horizontal. Partimos da consideración e a conceptualización da arte como unha ferramenta transversal para o cambio social, isto nos permite abordar a educación, a creación e a investigación dunha forma integral, como un todo que se complementa e que se formaliza a través de toda clase de proxectos artísticos, culturais e educativos.

OS NOSOS TALLERES

Na nosa sede realizamos obradoiros para público infantil, adolescente e adulto.
Mais PLANO PEMENTA non é únicamente un espazo, é un proxecto e unha forma de pensar, por iso levamos a cabo propostas en institucións, centros educativos e centros culturais, desprazándonos para desenvolvelos propio entorno. Adaptándonos as necesidades de cada contexto, deseñamos, xestionamos e executamos os procesos necesarios para o desenvolvemento de cada proxecto ou intervención.

ONDE ESTAMOS?

PLANO PEMENTA
ESPAZO CREATIVO

HOLA HOLA 

Horario de inverno:
Luns a Venres, ás 10:30 – 13:30 e 16:30 – 19:30h.
Sábado de 10:00 a 14:00h.

  • 881 88 45 06 | 698 14 89 78
  • R/ Castiñeiras de Abaixo n1, 15006, A CORUÑA.
  • INFO@PLANOPEMENTA.ES